Taboada, Carlos

O caderno de Roque / Carlos Taboada - 1ª edición - Vigo : Xerais , 2025 - 151 p. : il. cor ; 19 cm - Colección Merlín ; 365 .

Finalista Premio Merlín 2024

A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario. Cando chega o día sinalado, a familia recibe na caixa do correo o caderno de viaxe do tío e, ao longo da xornada, non para de soar o timbre da casa. Será Roque? Non! Unha sucesión de personaxes fantásticos (un xigante, unha serea, un vampiro...), cada cal máis peculiar, vai aparecendo por sorpresa, convidados á festa de aniversario. E o tío Roque onde está? Unha orixinal novela de viaxes, aventuras e fantasía, rica en detalles e desbordante de imaxinación e humor.

5º-6º Primaria

9788411106207


Viaxes
Aventura
Familia
Imaxinación
Humor
Aniversario
Festa

82-N

Coa tecnoloxía Koha